Prólogo da Obra Social de Novacaixagalicia
É un orgullo para min participar no prólogo desta publicación, aínda que só sexa polo feito de colaborar na difusión dunha ilusión, a mesma ilusión que un grupo de bos amigos leva propagando na nosa Terra dende hai anos, e que segue viva, tal e como nos amosa esta nova aposta.
Xa fai mais de 5 anos cando un conxunto de ilusionados emprendedores tecnolóxicos apostaron por unha idea de futuro, non só a nivel empresarial, senón cun gran enfoque cultural e de base formativa, onde a difusión do coñecemento servise tanto para propagar e xerar ideas, así coma de ancoraxe e subxección a un futuro aberto tanto aos novos profesionais coma ao entorno no que traballaban.
Aquel esbozo puido levarse adiante grazas ao compromiso duns atrevidos alumnos que sen ter no seu entorno un proxecto similar, apostaron por aquel primeiro Máster de Software Libre, o cal amosouse día a día como un equipo de xente comprometida, que podía debuxar un xenial retrato académico, con pinceladas dixitais e toques de colaboración.
Para min, este é outro pequeno paso dentro dunha senda difícil de percorrer pero que busca abrir novos camiños, camiños que nos permiten seguir explorando e difundindo o coñecemento.
Só me queda recordar con cariño aquel grupo de profesionais que a día de hoxe continúan coa mesma ilusión do primeiro día, e estou seguro de que seguirei vendo como esta ilusión, coidada por un bo grupo de amigos forxado na que la primeira edición do Máster, seguirá a brindarnos fantásticos e saudables proxectos.
Grazas por estar aí.
Ismael Faro Sertage
Obra Social de Novacaixagalicia