Quen participou
No libro «Máster Software Libre en Galicia, ano I» recóllense os traballos de fin de mestrado elaborados polos seguintes autores, todos eles membros da Asociación GHANDALF.
- Roberto Vieito Raña: Producindo liberdade
- Juan Ignacio Varela García: Experiencias persoais aplicando conceptos do Mestrado en proxectos reais
- Pablo Sanxiao Roca: Desenvolvemento dunha nova versión de gtranslator
- Andrés Maneiro Boga: Premio ao mellor PFC de software libre
- Pedro A. González Pérez: Proceso de lanzamento de gisEIEL
- Javier Estévez Valiñas: Mailing List Stats Web, unha análise básica de listas de correo
Por outra banda no proceso de lanzamento, edición e revisión idiomática colaboraron:
- Revisión idiomática: Juan Álvarez e Roberto Vieito.
- Maquetación: Ana García, Sacaúntos Cooperativa Gráfica e Roberto Vieito.
- A provisión, desenvolvemento e mantemento da infraestrutura web do proxecto correu a cargo de Fran Diéguez, Pablo Sanxiao e Fran Puga.
- A xestión cos axentes externos implicados no proxecto realizouna Roberto Vieito.
Entidades que posibilitaron que este proxecto fose posible:
- A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, achegou recursos económicos.
- A Universidade Rey Juan Carlos -promotora do Máster en Software Libre– tamén colaborou redactando un dos prólogos do libro.
- A Obra Social de Novacaixagalicia -promotora do Máster en Software Libre– tamén colaborou redactando un dos prólogos do libro.
- Igalia -promotora do Máster en Software Libre– colaborou redactando o epílogo do libro.