Sobre o libro
Como post-grao tecnolóxico, o Máster en Software Libre constitúe ano a ano un marco perfecto para incentivar a creación. O propio Software Libre é unha ferramenta perfecta para crear, concedéndolle tanto aos programadores como aos usuarios a garantía de poder traballar nun contexto de liberdade no que se promove o coñecemento, o traballo colaborativo, a xeración de valor… e unha longa lista de valores intrínsecos en calquera ética xusta.
Desta terra fértil agromou na primeira edición do Máster en Galicia (ano 2007-2008) un conxunto moi completo de traballos técnicos, parte dos cales están recollidos no presente libro.
Tanto se estás interesado en temas técnicos sobre o software libre, como se tes interese na súa faceta máis filosófica ou social, no libro «Máster Software Libre en Galicia, ano I» contas con artigos que che poden ser de utilidade, ou que cando menos poden darche un empurrón para que te embarques no incrible mundo do Software Libre
Recomendámosche con especial interese este libro se estás nalgún, ou varios, dos seguintes casos
- Se estás interesado na faceta técnica do software libre, e queres ver algúns traballos desenvolvidos neste eido
- Se xa tes unhas bases de coñecemento sobre o software libre, e queres amplialas no eido técnico
- Se estás interesado en cursar estudos sobre software libre
En calquera caso, os traballos reflectidos en «Máster Software Libre en Galicia, ano I» poden axudarche a enriquecer o teu coñecemento sobre facetas técnicas das tecnoloxías libres, ou simplemente poden servirche para achegarte ao asombroso mundo do software libre.
Cómo conseguir o libro en galego
- Descárgao da nosa web en formato PDF ou ODT.
- Ponte en contacto connosco se queres obter de balde algunha das copias impresas que realizamos.